Atopa en segundos a empresa dixital que necesitas en Lugo
Lugo Pro é o directorio que che aforra tempo e quebradeiros de cabeza cando precisas contratar servizos dixitais en Lugo.
Ver empresasEngade a túa!
Por que Lugo Pro
Lugo Pro é a plataforma que agrupa as empresas e profesionais do ámbito dixital da provincia de Lugo.
Lugo Pro é un punto de encontro creado para facilitar o acceso a servizos de calidade, pensado para aquelas empresas ou autónomos que precisen contratar solucións no eido das TIC.


Nun mundo cada vez máis dixital, contar cos aliados axeitados marca a diferenza.
Non o dicimos nós.
Só mira a quen ten éxito no teu sector e verás que non está só.
Lugo Pro nace co obxectivo de ofrecer unha guía rápida e accesible de contactos que simplifica a procura de servizos como desenvolvemento web, márketing dixital, deseño gráfico, consultoría tecnolóxica, ciberseguridade, entre outros.
Coñece algunhas das empresas
Aquí tes un directorio claro e actualizado, pensado para que atopes en Lugo as empresas e profesionais que precisas para levar o teu proxecto ao seguinte nivel.
Porque para transformar o teu negocio e facelo medrar, Lugo ten talento de sobra.

Anxo Sánchez
Lugo>Lugo
Deseño web Emprendemento Marketing UX / UI
Son deseñador web. Collo o teu WordPress polo pescozo e déixoche unha web que factura mentres ti dormes. Se queres que o teu negocio medre, súbete!

Tuky Digital
Lugo>Lugo
Copywriting Deseño gráfico Deseño web SEO UX / UI
Diseñamos webs claras y funcionales que reflejan lo que haces y conectan con quien te necesita.

Galicloud
Lugo>Lugo
Deseño web Programación
Especialistas en desenvolvemento de software a medida para empresas.
Que é a Meetup de WordPress de Lugo
Detrás de Lugo Pro está a comunidade de WordPress de Lugo, un grupo aberto de profesionais do sector TIC que comparten coñecemento, experiencia e paixón polas tecnoloxías libres.
Somos deseñadores, desenvolvedores, consultores e especialistas dixitais que traballamos dende Lugo para Lugo, sempre ao teu carón para axudarche a crecer no mundo dixital.

Co apoio de




